Xunta de Galicia

e-TRADES

Axuda | Galego | Castelán

COMUNICACIÓN DE DESPRAZAMENTO TRANSNACIONAL

A comunicación de desprazamento transnacional de persoas traballadoras á Comunidade Autónoma de Galicia realizarase a través de e-TRADES.

E-TRADES é unha ferramenta, englobada dentro da eAdministración da Xunta de Galicia, que permite xestionar e presentar telematicamente ditas comunicacións, ao abeiro da Lei 45/1999, do 29 de novembro, sobre desprazamento de traballadores e traballadoras no marco dunha prestación de servizos transnacional, coas características e condicións que se detallan na páxina da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

E-TRADES poderase utilizar tanto CON coma SEN FIRMA ELECTRÓNICA.

Tramitación:

  1. Se vostede posúe unha firma electrónica válida no territorio do Estado español, poderá enviar a comunicación e dar por rematado o procedemento pola vía telemática.

  2. Se vostede non posúe unha firma electrónica poderá cubrir a información necesaria, imprimindo logo a comunicación e remitíndoa por correo ordinario a:

Secretaría Xeral de Emprego
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela - A Coruña - España


Para cubrir a comunicación:

  1. Para facer unha nova comunicación, prema o botón “seguinte” e siga as instrucións.

  2. Para continuar ou consultar unha comunicación xa iniciada, escriba o número do “Código de desprazamento”, que lle aparecía na parte superior da pantalla cando o está a cubrir, e a data, e despois prema “seguinte”.